Skip to main content

Noticias

  • Un dispositivo para minimizar o contacto con superficies como pantallas informativas ou máquinas de vending, un supermercado online que mellore a experiencia de compra a través da simulación en 3D e unha aplicación para organizar feiras virtuais son os tres proxectos que resultaron seleccionados no HACKatHOME, o evento en liña no que a Xunta de Galicia xuntou durante catro xornadas a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa innovación, co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e centros tecnolóxicos, para desenvolver solucións innovadoras que dean resposta ás necesidades xeradas polo coronavirus na industria, o comercio e o emprego.
  • Os Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo celebran o Día de San Xoán con sardiñadas, churrascadas e actividades propias desta festividade. Os usuarios e usuarias das residencias de Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada e Pol pasarán este día xuntos dunha maneira diferente e divertida, e xantan e merendan pratos típicos desta festividade. Nos últimos días recolleron flores para realizar o tradicional ritual de boa sorte deste día .
  • Preto de 180 pasaxeiros gozaron os pasados sábado e domingo desta alternativa de lecer, coa que a Deputación “favorece a recuperación da economía polo impacto que ten o servizo no sector hostaleiro e comercial”, subliñou a Deputada de Turismo que agarda que se siga producindo un incremento progresivo dos pasaxeiros nas rutas en catamarán coas que a Deputación de Lugo favorece a recuperación da economía despois da etapa máis dura da pandemia.
  • O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, convocantes do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, anunciaron que o gañador da XVI edición é Lorenzo Milá, logo de se celebrar a semana pasada, en acto pechado por mor do estado de alarma, o reconto de votos. A candidatura de Lorenzo Milá resultou vencedora con maioría suficiente e sen necesidade de voto de calidade do presidente do xurado. Como cada ano, o gañador foi elixido en votación aberta e secreta polos colexiados e colexiadas do CPXG e polos socios e socias do Club de Prensa. Lorenzo Milá é un xornalista cunha longa traxectoria na televisión pública española, onde ten cubertos acontecementos mundiais de xeito rigoroso e profesional.
  • A iniciativa da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte (SIPD) co apoio da Universidad Liberquaré e da Secretaría Xeral para o Deporte, Píldoras Solidarias. Entrenamiento Mental cumpre quince días nos que vén de levar a cabo as súas primeiras dez entregas que contaron cunha excepcional acollida cifrada en 56.473 impactos en deportistas, adestradores e outros profesionais do deporte. Ante esta masiva resposta, a SIPD vén de ampliar as Píldoras Solidarias incorporando a novos profesionais referentes de Mexico, Cuba, Portugal, Chile, Arxentina, Uruguai, Costa Rica, Colombia, España e Nicaragua e chegando xa a unha vintena de países.
  • O Colexio Oficial de Traballo Social puxo en marcha en maio do ano pasado a quenda de garda social, especializada e permanente, para atender a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas menores. Este servizo, implantado ao abeiro do desenvolvemento en Galicia das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, permite que as vítimas reciban por parte dun profesional de apoio e dende o momento da presentación da denuncia, unha atención integral e información sobre os dereitos, axudas e recursos á súa disposición. O servizo de garda pode ser activado polas forzas e corpos de seguridade de Galicia, ou ben polos xulgados con competencias en materia de violencia de xénero.
  • A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada no Ateneo Ferrolán, onde permanecerá ata o vindeiro luns. Ao acto de inauguración asistiron a presidenta do Clube de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto, o presidente do Ateneo, Xabier Montero Dongill, o concelleiro de Cultura de Ferrol, Antonio Golpe Díaz, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García Gómez, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea.
  • Neste Observatorio participan a Xunta, o Instituto Galego de Estatística, a Delegación do Goberno, a Federación Galega de Municipios e Provincias, as tres Universidades, a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, os sindicatos, a Confederación de Empresarios e a Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presidiu hoxe a constitución do Observatorio Galego da Familia e a Infancia, organismo colexiado e de carácter participativo que terá por obxecto asesorar, estudar e propoñer actuacións nesta materia. Deste xeito, Galicia dótase dun novo instrumento para ter un maior coñecemento sobre a realidade das familias e das nenas e nenos en todos os seus ámbitos e para avanzar nunha estratexia común para o seu benestar.
  • O vindeiro 12 de marzo, a Cidade da Cultura acollerá o Foro Empresarial AJE Galicia 2020, un encontro para debater e coñecer novas tendencias en innovación e investimento, enfocado a mellorar a produtividade das empresas galegas. O evento reunirá a empresarios e institucións de toda España, de todos os sectores, e está dirixido a mozos e mozas emprendedoras e universitarias con vocación de crear a súa propia empresa; así como empresarios e empresarias, e organismos relacionados co mundo corporativo. O evento contará con relatores como o coñecido empresario, asesor e coach, Emilio Duró ou a empresaria coruñesa Yaiza Canosa, CEO da startup logística GOI e elixida en 2017 como unha das 30 persoas menores de 30 anos con maior proxección profesional pola revista Forbes (30under30).
  • As universidades de Santiago de Compostela e de Vigo veñen de asinar un convenio coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento do Inventario Forestal Continuo de Galicia, que se actualizará ano a ano. O obxectivo desta inventario forestal é dobre: Por unha banda, permitirá facer un seguimento da cantidade e do estado das masas arboradas e, por outra, permitirá crear unha estratexia de apoio ás decisións en materia de política forestal mediante un sistema de monitoraxe continuado. Entre as cuestións que xustifican a sinatura deste acordo, están a existencia dunha grande cantidade de superficies forestais de pequeno tamaño complexas de inventariar, como as masas mixtas ou a necesidade de contar con datos máis actualizados.