DATE DE ALTA
ASOCIACIÓNS 
  Ateneos 
  Confrarías de pescadores 
  Colexios profesionais 
  Consumidores 
  Culturais Deportivas 
  Ecoloxistas 
  Empresariais 
  Federacións 
  Fundacións/Patronatos 
  Xuventude 
  Muller 
  ONG's 
  Profesionais 
  Sindicais 
  Sociedade e Axuda 
  Veciños 
  Artesáns 
  APA's 
  Peñas y Charangas 
  Inmigrantes 
  Rural 
ASOC. MUSICAIS 
  Bandas de música 
  Corais e Orfeóns 
  Folclóricas 
TEATRO 
  Asoc. Teatrais 

Concertos, exposicións, cursos, servicios

Axenda de actos

Galerías de artistas, directorios, arte

Cultura Galega

Prensa, Radio, TV, publicidad, azafatas, diseñadores

Comunicación

 NOVAS   NOTAS   QUENES SOMOS 
  [VOLVER
Ruben Coca estrea Mínimo común múltiplo 2.0 no Festival MIVICO 08  
A curtametraxe abre un programa no que, ademais da proxección na sección oficial dalgunhas das creacións audiovisuais máis arriscadas, se promove a música das bandas emerxentes na escena internacional.

O Festival Internacional de Videocreación do Condado, MIVICO 08, que se celebra en Ponteareas do 3 ao 5 de outubro, inaugura a súa segunda edición coa estrea do último traballo dun dos directores consagrados do audiovisual galego, Rubén Coca. O ferrolán presentará o venres 3 de outubro Mínimo común múltiplo 2.0. A curtametraxe (sexta da filmografía do director ferrolán) narra a historia de Andrea (Marta Larralde), unha moza de 30 anos que vive instalada nunha rutina laboral e sentimental que se esnaquizará no momento máis insospeitado. Coca aposta con este filme por unha historia de amor contada en clave de suspense. Mínimo común múltiplo 2.0, que foi rodada integramente en Ferrol e na que participan os actores Alex Neira, Marta Larralde, Lourdes Sanmartín, Xoel Fernández e Tomás Romero, tende unha ponte entre a madurez e o mundo da infancia. En palabras do seu director “é unha película de recordos da nenez e de encontro coas amizades infantís perdidas co paso do tempo envolvido todo nunha atmosfera de misterio e de suspense”. Coa estrea da película ábrese o programa de actividades do MIVICO 08, que se desenvolverá até o domingo 5 de outubro en Ponteareas. Durante o festival pasaranse na sección oficial unha escolma da produción audiovisual máis arriscada e independente do momento e celebraranse varios concertos a cargo de bandas emerxentes da escena internacional. Desta vez o espazo de proxección móvese ao Centro Cultural Sportivo. O número de traballos recibidos para participar no MIVICO 08 triplicou aos do ano pasado. O festival da así un paso máis no seu propósito de consolidarse no calendario audiovisual galego como escaparate das propostas audiovisuais máis independentes da escena actual. Filmes procedentes de Arxentina, Estados Unidos, Noruega, Italia, Portugal e de diversos puntos do Estado español competirán polo premio nas tres categorías establecidas (curtametraxes de ficción, videocreación e documental). O MIVICO 08 reafirma así a súa aposta decidida pola videocreción e o cine independente coa intención ademais de servir de abrir una fiestra á creación máis arriscada. Itinerancia Como antesala do que será o festival, o domingo 21 de setembro ás 22 horas farase en Ponteareas unha proxección ao aire libre dalgúns dos traballos recibidos. A entrada é de balde. http://www.mivico.net/

Mivico'08
2008-09-11

 
OTRAS NOTAS
O 30 de xaneiro clausúrase o Belén de Begonte coa entrega dos premios convocados
Pablo Núñez e Ramón Eijo, Premios de Xornalismo do Belén de Begonte
Xosé Otero e Baldomero Iglesias, premios de Poesía do Belén de Begonte
Acta do xurado do XXXIV Certame de Debuxo Infantil O Nadal en Begonte
A Xunta en Lugo acolle a exposición do Certame de Arte José Domínguez Guizán
Elaborada co consenso do sector a convocatoria de axudas á banda deseñada
Colectivos culturais constitúen unha plataforma de defensa do Camiño Primitivo
Los Platú 25 se incorporan al tradicional Open de Invierno de Cruceros 2010
Francisco Domínguez Martínez, novo director da Fundación Penzol
O BNG lamenta a paralización do sector das artes escénicas
 

 

© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados
TEXTO LEGAL DE PROTECCION DE DATOS